lunes, 23 de enero de 2012

DE FOROCOMUNISTA.COM : LAS C.R.G DELANTE DE LA MUETE DE FRAGA

Camaradas, simpatizantes. Le ha llegado la hora al asesino de Vitoria - Gasteiz, un fascista disfrazado por los medios burgueses de "demócrata". Sus más allegados dicen que llevaba Galicia siempre consigo, pero más bien lo contrario, siempre estuvo al servicio de eso que todavía algunos llaman España, de aquí para allá convenciendo de lo "grande y hermosa" que es.

No vamos a caer en el juego fácil de celebrar una muerte de un facha más, si no que pedimos la condena por parte de toda la izquierda de que no ha sido juzgado, de que ha fallecido con todo bien atado, porque si recordamos, el ha sido uno de los cómplices de ese desastre llamado "transición" (hacia donde?¿). Queremos que todos los comunistas y patriotas galegos salgamos unidos a la calle, con el slogan de : E non volvas!.

Salud!

sábado, 14 de enero de 2012

REUNIÓN PREPARATORIA PARA O 1 CONGRESO

Coa participación de dous tres membros do Comité Nacional e unha simpatizante de Celanova e a nosa camarada en Teo, celebramos hoxe despois do xantar a reunión preparatoria para o noso primer Congreso. Tamén se redactou o comunicado con razón das medidas do PP. Adiante coas Células! Patria, Socialismo ou morte!

AS CÉLULAS REVOLUCIONARIAS GALEGAS DIANTE DAS MEDIDAS DO PP:

O goberno do PP, partido tan neoliberal coma o PSOE, seguindo as directrices marcadas pola UE, actúa seguindo o marco capitalista, na súa fase imperialista, tomando unha serie de medidas. Estas , continuadoras dos gobernos anteriores, non solucionarán os problemas reais da clase obreira galega. Só supoñen un aceleramento e fortalecemento das mesmas, co fin de non perder os seus intereses e beneficios.

Novos recortes socias (sanidade, educación estánse vendo seriamente privatizadas), subida de impostos (afogando máis aos traballadores e traballadoras da nosa nación), eliminación da negociación colectiva, e un largo etcétera, que precisa dunha saída por e para o pobo. En cifras resumese en case 60.000 familias galegas con tódolos seus membros no paro ou en 5000 persoas durmindo nas nosas rúas.

O noso pobo está sumiso ao maco "legal" dos mercados, de España e da Unión Europea. Baixo este marco non haberá solución posible. Nin o reformismo, nin o nacionalismo burgués, nin os partidos comunistas españois que se presentaron, e presentarán, as sucesivas convocatorias electoreiras, nun descarado oportunismo, vannos axudar nesta tarefa. Temos que ser nós, os galegos e as galegas, quenes dirixamos todos os nosos esforzos para reconstruir o Partido Comunista na Galiza, a organización que responderá sempre polos traballadores. Loitemos polo Socialismo e a nosa Indepencia. Sen revolución, non hai futuro.

miércoles, 11 de enero de 2012

ESTATUTOS :

ESTATUTOS C.R.G

TÍTULO 1 - AS CÉLULAS REVOLUCIONARIAS GALEGAS

Artígo 1. As células revolucionarias galegas forman parte de tradición da loita de clases na nosa nación, Galiza. Loitamos polo socialismo, como paso previo para o comunismo, establecendo vínculos de acción con outras formacións afíns (fpg, pcpg...). As C.R.G basámosnos no marxismo leninismo, herdeiros das ensinanzas de marx, engels, lenin e stalin. Somos un partido laico, patriota e revolucionario.

Artígo 2. Consideramos que a liberación económica e social non se vai a producir sen a liberación nacional. Unha vez proclamada a Republica Galega Socialista, esta fluirá  naturalmente hacia un sistema confederativo peninsular. Galiza e unha entidade nacional, temos lingua, cultura, historia común, inda que non ceiva, por unha imposición ficticia formalizada na transición, pero con séculos de historia. Esta imposición ficticia chámase "España", ou "Estado Español", con intereses capitalistas na sua fase imperialista. A península ibérica e un cúmulo de nacións oprimidas, e é noso deber internacionalista proletario defendelas.

Artígo 3. Os camaradas que formamos o partido basamos as nosas relacións en igualdade e respeto, comprendendo que nos reximos baixo os principios do centralismo democrático, onde a minoría esta sublevada a maoría.

Artígo 4. Os himnos das Células son O Himno Galego e a Internacional Comunista. Utilizamos como símbolo a bandeira galega coa fouce e o martelo en cor vermello situadas no centro. O domicilio social das C.R.G está localizado en O Carballiño.

TÍTULO 2 - ORGANIZACIÓN

Artígo 1. Poden ser membros todas as persoas que aceptan voluntariamente a nosa Política e os nosos estatutos. O ingreso se formulará a correspondente Célula onde se vaia a militar. De non ser así, ao Comité Nacional. Os principais derebes e dereitos son:

Deberes:

1.Ocupar un cargo de responsabilidade, sendo cinco (político, organizativo, axitativo, financiativo e formativo). Este cargo será estudado polos membros da célula, tendo en conta a actitude e aptitude do novo camarada.

2. Aceptar os Estatutos, que serán entregados no momento de petición de ingreso aos novos compañeiros. Estes novos compañeiros deben pasar unha etapa de 3 meses de premilitancia.

3. Responder con puntualidade nas finanzas. A cuota mensual é de 20 euros.

4. É imprescindible expresarse entre a camaradería en galego. De non ser así, procederase a sanción correspondente.

5. Participar activamente no sindicato (cig) e nos frontes de masa nos que colaboramos (15 M, Queremos Galego, MLNG...)

6. As decisións serán sometidas e debatidas no órgano correspondente, aceptando o principio de que a maoiría vence a minoría.

Dereitos:

1. Pedir a baixa correspondente en caso de renuncio.

2. Participar activamente nas tarefas programadas

3. Coñecer aos membros de direeción e ser invitado aos Congresos, máximo órgano de dirección.


Artigo 2. O máximo órgano de dirección e o Congreso, o primeiro será celebrado o 29 de Xaneiro do 2021.

Artigo 3. O comité Nacional ate o vindeiro congreso está formado por: Samuel (responsable político e de formación) Julio (responsable de organización)
"Nena" (responsable de axitación) Carlos (responsable financiativo).

Artigo 4 - Temos ate o de agora nucleos de base activos en Ourense e o Carballiño, camaradas en Teo, e simpatizantes en Allariz e Celanova. Existen organizaciones como o FPG, e o PCPG, cos que estamos mantendo relacións serias.

Artigo 5. O principio de centralismo democrático, base do funcionamento  implica:

Caracter electivo de todos os organismos de dirección, de arriba a abaixo.

Rendición de contas periódicas.

Disciplina rigurosa

Cumprimento obligatorio das tarefas

TÍTULO 3 - CARACTERIZACIÓN DA CRISE ACTUAL

Artigo 1. A actual crise é unha crise de sobreproducción e estructural. Non é unha crise esporádica, senón coma señalaba Carlos Marx, o capital remedia as crises preparando outras mais extensas e impoñentes.

Artigo 2. Lonxe de ser superada esta crise, estase a intensificar, con ofensivas en contra da clase obreira galega, impostas dende o polo imperialista español, que a súa vez, fai de títere de EUA e a UE.

Artigo 3. Superar esta crise, e todas en xeral é loitar polo socialismo. Derrocar ao capitalismo é a gran tarefa do proletariado organizado e conscente. Para iso, como primer paso, hai que fortalecer as filas de organizacións que están loitar por un Partido Comunista Galego, autónomo no seu funcionamento, que non existe como tal ate o de agora.

TÍTULO 4 - NACIONALISMO ESPAÑOL, E POR ENDE, IMPERIALISMO

Artigo 1.  O dereito democrático a libre autodeterminacións dos nosos pobos nos é negado por distintas razóns, máis a evidente e a sinalada a continuación. Este dereito é un dos perigos mortais para a clase burguesa españolista, xa que ameazan as suas propiedas privadas. O interese da clase oligárquica e manter esta unidade "ficticia" de nacións chamada España, ou "Estado Español". Os e as comunistas das diferentes nacións que conforman a Península nunca veran cumpridas as espectativas socialistas militando nun Partido Estatal opresor dos pobos (caracterizado, por exemplo, no PCE ou no PCPE).

Artigo 2. Ante esta situación, partimos da base de que a loita de clases debe adoptar tamen a loita pola liberación nacional. Non superaremos o capitalismo sen estos dous frentes.

Artigo 3. O que caracteriza a Galiza como Nación principalmente e o seu idioma e a formación social dos nosos cidadáns. Formación social que ben de seu, do percorrido histórico a marxe doutras nacións. Esta formación social esta mudando dende a década dos 70, constituíndose o proletariado coma base maioritaria da nosa sociedade. Con respecto ao idioma, no momento en que a nosa cultura sexa destruida por máns estranxeiras, o proceso de asimilación capitalista, na sua fase imperialista española, será máis elevado.

TÍTULO 5 - PUNTOS MÍNIMOS PARA A CONSTRUCCIÓN DO PARTIDO COMUNISTA NA GALIZA.
1. O obxetivo estratétixo dos comunistas son o comunismo e o seu paso previo, o socialismo.O comunismo será o futuro sistema social e económico da humanidade.

2. A republica socialista galega será a forma política da nosa nación, que se se dan as circustancias, camiñará xunto coas outras nacións, hacia un sistema confederal ibérico (incluindo a Portugal e Canarias).

3. Unha política unitaria no movemento obreiro e sindical. Consideramos que a CIG responde aos intereses económicos do noso proletariado.

4. Marx, Engels, Lenin e Stalin guiarán teoricamente e practicamente ao Partido. E labor nosa aprender, defender e extender o ideario marxista leninista.

5. Construir alianzas dentro do MLNG é imprescindible para a vitoria social, económica e nacional. Asi funciona o noso Partido, mantendo contacto con aqueles destacamentos revolucionarios e patrióticos.

martes, 10 de enero de 2012

CAMPAÑA POLA GALIZA SOCIALISTA!

QUENES SOMOS

Células Revolucionarias Galegas nacemos un día como hoxe na cidade de Ourense. Somos unha organización leninista e patriótica, cun obxetivo claro trás un intenso debate : construir o Partido Comunista.

Defendemos que a Liberación social ten que ir estrictamente da mán da Liberación nacional, por iso condemos o burocratismo e oportunismo de EU e o PCPE, que nunca defenderán os intereses do proletario galego, xa que son orbitas españolistas. Tamén denunciamos as sucias ferramentas do nacionalismo burgués (BNG) que non fan máis que distraer a clase obreira da súa verdadeira meta, A REVOLUCIÓN SOCIALISTA. Sabemos do que falamos, coñecemos a triste realidade das organizacións "comunistas" e "nacionalistas". Por iso, a todas e todos os camaradas conscintes de iso, vos pedimos colaboración. Xa temos Células estructuradas en Ourense, O Carballiño, e camaradas en Teo ( A Coruña).

Se tes interés no noso proxecto, deixa un comentario no noso blog. Saude!