sábado, 14 de enero de 2012

AS CÉLULAS REVOLUCIONARIAS GALEGAS DIANTE DAS MEDIDAS DO PP:

O goberno do PP, partido tan neoliberal coma o PSOE, seguindo as directrices marcadas pola UE, actúa seguindo o marco capitalista, na súa fase imperialista, tomando unha serie de medidas. Estas , continuadoras dos gobernos anteriores, non solucionarán os problemas reais da clase obreira galega. Só supoñen un aceleramento e fortalecemento das mesmas, co fin de non perder os seus intereses e beneficios.

Novos recortes socias (sanidade, educación estánse vendo seriamente privatizadas), subida de impostos (afogando máis aos traballadores e traballadoras da nosa nación), eliminación da negociación colectiva, e un largo etcétera, que precisa dunha saída por e para o pobo. En cifras resumese en case 60.000 familias galegas con tódolos seus membros no paro ou en 5000 persoas durmindo nas nosas rúas.

O noso pobo está sumiso ao maco "legal" dos mercados, de España e da Unión Europea. Baixo este marco non haberá solución posible. Nin o reformismo, nin o nacionalismo burgués, nin os partidos comunistas españois que se presentaron, e presentarán, as sucesivas convocatorias electoreiras, nun descarado oportunismo, vannos axudar nesta tarefa. Temos que ser nós, os galegos e as galegas, quenes dirixamos todos os nosos esforzos para reconstruir o Partido Comunista na Galiza, a organización que responderá sempre polos traballadores. Loitemos polo Socialismo e a nosa Indepencia. Sen revolución, non hai futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario