martes, 10 de enero de 2012

QUENES SOMOS

Células Revolucionarias Galegas nacemos un día como hoxe na cidade de Ourense. Somos unha organización leninista e patriótica, cun obxetivo claro trás un intenso debate : construir o Partido Comunista.

Defendemos que a Liberación social ten que ir estrictamente da mán da Liberación nacional, por iso condemos o burocratismo e oportunismo de EU e o PCPE, que nunca defenderán os intereses do proletario galego, xa que son orbitas españolistas. Tamén denunciamos as sucias ferramentas do nacionalismo burgués (BNG) que non fan máis que distraer a clase obreira da súa verdadeira meta, A REVOLUCIÓN SOCIALISTA. Sabemos do que falamos, coñecemos a triste realidade das organizacións "comunistas" e "nacionalistas". Por iso, a todas e todos os camaradas conscintes de iso, vos pedimos colaboración. Xa temos Células estructuradas en Ourense, O Carballiño, e camaradas en Teo ( A Coruña).

Se tes interés no noso proxecto, deixa un comentario no noso blog. Saude!

1 comentario:

  1. Á proposito dos Comités Obreiros Galegos

    Desde fai un tempo, en Galicia aprécianse agrupamentos e debates entre nucleos de comunistas conscientes da necesidade dunha organización comunista revolucionaria en Galicia.
    O noso comité é parte de leste proceso pero no mesmo queremos sinalar unha liña clara de demarcación co revisionismo, co eclecticismo, con certo afán de sumar forzas, sen definir con claridade a liña política e ideolóxica revolucionaria que precisa este proceso de reorganización.
    Recentemente fixeron a súa presentación, nun comunicado en castelán, os Comités Obreiros Galegos froito da unión de antigos membros de PCE-r e OMLE e os membros do núcleo de Ourense, Células Revolucionarias Galegas.
    Aínda que é pronto para facer unha análise das posicións dos mesmos, chámanos a atención a referencia a un intenso debate sobre o “ultra-independentismo” no que chegaron a unha conclusión conxunta: "de momento, o que necesita a clase obreira galega é a súa independencia económica, rompendo co capital, que non ten nación nin nacións, si non que está realmente globalizado, no seu afán imperialista. Os capitalistas son un inimigo común, contra Galiza, contra Euskadi, ou contra os Países Cataláns, desta análise non caben dúbidas".
    A frase ao noso parecer é confusa non se sabe que se quere dicir con que de momento a clase obreira galega necesita a independencia económica, rompendo co capital…
    Sera que o proletariado galego necesita un partido independente da burguesía?
    Un partido que rompa e deslinde coa ideoloxía burguesa e que prepare ás masas para a Revolución Socialista?
    Que a clase obreira é unha clase internacional, como os é a burguesía?
    Camaradas, como é que a estas alturas, hai que aclarar que os capitalistas son o noso inimigo común e doutros pobos do mundo?
    Estamos plenamente de acordo coa vosa afirmación de; “Somos comunistas e creemos firmemente en que a liberación económica, social e nacional só virá da man da Revolución Socialista”…
    Plenamente de acordo con definir con claridade carácter socialista da revolución en Galicia e no Estado español.
    Camaradas, nós respectamos o labor realizadopor outros colectivos como o Colectivo Forxa, co cal q temos boas relacións, ainda que non compartimos todas as súas posicións e en particular na súa valorización sobre o PCPE-CG pois é un partido estatal herdeiro do falso discurso “comunista” dos revisionistas soviéticos. Impulsor agora da liña de “borrón e conta nova” da historia do MCI, cando ata a caída da URSS revisionista, eran as súas máis fervientes defensores.
    Camaradas a construción dun partido comunista na Galiza ten que basearse nun balance claro do porque estamos nesta situación, da denuncia do revisionismo, dos avances e desenvolvementos da nosa ideoloxía. De desechar o cretinismo parlamentario e en prepararse para loitar por tóma revolucionaria do poder.
    Seguiremos con atención as súas análises e propostas convencidos da sinceridad do voso compromiso comunista e desexámoslles grandes éxitos no seu traballo.

    Galiza, marzo 2012

    Comité de Loita Popular "Manolo Bello"

    ResponderEliminar